jueves, 29 de agosto de 2013
29
Os ollos de Eva énchense de bágoas, pero non lle da a Couto a satisfacción de contestar. O que non entendo e por que, se Xosé Afonso se suicidou, o Tirita levaba o pen, que é seguramente a causa da súa morte (aparte da coitelada, claro). O señor Couto segue falando:
-Vas chorar? Pobriña, pensabas que descubrirías quen matou ao teu exmozo, claro. Pois a boa noticia é que xa o sabes, foi el mesmo. O porqué non o teño tan claro, aínda que imaxino que non puido aceptar que chegara a participar nos “proxectos”. Dáme a impresión de que non tiña fígado para o sangue e iso pode causar remordementos.-Sorrí.-Imaxino que agora quereredes saber que vai ser de vos. É unha pregunta interesante, ata eu teño dúbidas, deixádeme pensar un intre.
Os dous matóns escachan coa risa, parece que ocorreu algo divertido e eu non me din conta. Un dos mozos saca unha capucha do peto, unha desas que só deixan ver os ollos. O outro coloca unha cámara, que estaba gardada nunha das caixas, no trípode e comeza a intentar encadrar, pero non semella ter moita fortuna. O señor Couto mira os preparativos, cunha man no queixo e a outra no peto do gabán, coma se de verdade non soubera o que vai ocorrer aquí. Mentres, o mozo da capucha recolle un ferro do montón de ferralla e, da caixa da que sacaron a cámara, colle unhas tenazas e un coitelo de grandes dimensións, un deses de carniceiro, que dan tan mala espiña. Parece que o tema do “proxecto” somos nos.
-Ben, esta é a primeira vez que o vamos a facer con dous, vamos a ganar un montón de pasta con isto. Non vos preocupedes, podedes gritar o que queirades.- Di o cabrón.
-Mira, non nos coñecemos moito, pero creo que podíamos falar un anaco sobre isto, antes de que cometades unha barbaridade irreparable.- Digo, pouco convencido.- Non vos chega con vender droga e armas que tamén tedes que facer isto?
-Hai que diversificar os negocios e de todo isto soamente quedamos cunha parte. Nos facemos o que nos mandan, nada máis. Levamos unha porcentaxe e facemos o traballo sucio, limpamos a merda que deixan outros e non, non temos escrúpulos. Non son tan importantes, ao fin e o cabo.
-Así que aquí temos ao señor Lobo dos Baixos Fondos.- Non podo seguir, por que Couto comeza a rir.
-Como me gusta iso do señor Lobo dos Baixos Fondos. Ou o lobo do fondo do baixo, que máis ten, vas morrer igual.
O que leva a capucha, pona por riba da cabeza e esgrime o coitelo. Eu non me podo crer o que está a punto de pasar, é como un pesadelo sen sentido. Un home maior que fai chistes de mal gusto, un operador de cámara sen sentimentos e un encapuchado con ganas de cortar as miñas venas, como fixeron co Tirita. Noto como se acende unha luz da cámara, unha luz verde. É o sinal de que comeza a gravación. O tipo achégase a nos pouco a pouco, e move o coitelo sinalándonos a min e a Eva alternativamente, como se fora un xogo de nenos para elixir ao capitán dun equipo nos recreos. Finalmente o coitelo remata por sinalarme a min. A única cousa que me alegra un pouco é que comigo van ter pouca diversión, son moito de desmaiarme ao ver o meu propio sangue. O encapuchado remángase e pídeme que diga algo a cámara. Non lle fago moito caso, non me apetece insúltalo, nin gritar. Parece que adoptei unha máscara de tipo duro que fai que as mans deixen de botar ese suor feito, a medias, de medo e noxo. O cabrón agarda pola un resposta que non chega, así que, repentinamente, crava o coitelo na miña perna esquerda. E grito, grito como soamente o fan os homes que saben que van morrer.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario